Encordass Fiddle Fest Especial Grecia

Illa de San Simón. Illa San Simón, Ría de Vigo - Ver mapa
Várias datas -
Organizado por Galicia Fiddle
Promoter s logo ico encordass fiddle fest  1   1

Compra os teus bilhetes

Descrição do evento

Encordass Fiddle Fest é un festival internacional de música de corda organizado pola asociación sin ánimo de lucro Galicia Fiddle que se celebra na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, Galicia. Este evento destaca por fusionar a música tradicional galega con sonoridades doutras culturas, tendo ao violín como instrumento central. Co violín como fío condutor, o festival é un evento poliédrico que combina concertos en diferentes formatos con obradoiros musicais especializados, actividades para todas as idades, gastronomía, danza tradicional, charlas culturais, paseos en barco e natureza.


Con un cartel que inclúe tanto artistas consolidados como bandas emerxentes, e máis de 40 concertos en formato íntimo e acústico, o público pode escoller entre diferentes actuacións simultáneas, favorecendo unha experiencia próxima e personalizada. Un festival que achega o violín ao público, desmontando o cliché que o asocia só coa música clásica.


A edición de 2025 celebrarase entre os días 26 e 29 de xuño, e contará con músicos e bandas galegas como Parbö, Maricarme, Antía Ameixeiras, Xurxo Fernandes ou Abril, entre outros. Compartirán escenario con agrupacións internacionais como os escoceses Darach, Violeta Veinte ou Santiago Vokran del Gesú, e destacados artistas gregos como:


Kelly Thomá, referente actual da lira cretense;Efrén López, virtuoso da corda mediterránea e especialista en música medieval e modal;Dimitris Mitarakis, guitarrista folk que, xunto a Athanasios Valaskas e Ioannis Zarias, forma o Rebetiko Trio;Christos Kanellos Malamás, músico ateniense afincado en Granada, especializado nas tradicións musicais do Mediterráneo oriental e occidental.


Encordass Fiddle Fest conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e co apoio de Cervezas Alhambra que, no ano do seu centenario, reafirma o seu compromiso coas experiencias únicas que invitan a gozar sen présa, dedicando a cada momento o tempo que merece.


Ademais da música, Encordass Fiddle Fest ofrece:

  • Visitas musicalizadas: paseos en barco con música en directo e visitas guiadas á Illa da Memoria.
  • Obradoiros e mostras: luthería do violín, gastronomía grega, danza, charlas culturais, etc.
  • Gastronomía: showcooking con chefs recoñecidos e degustacións de produtos locais.
  • Zona infantil: xogos tradicionais, obradoiros e concertos didácticos dirixidos ao público familiar.


Acceso e entradas

Ao elixir a data atoparedes distintos horarios para coller o barco.
O venres e sábado haberá barco desde Vigo ás 17:30 e desde Meirande ás 18:00.
O domingo tedes desde Vigo ás 11:15 e desde Meirande ás 12:00, 13:00 e 15:30.

O acceso ao evento realízase en barco dende os portos de Vigo e Meirande.

As entradas ao evento inclúen o transporte marítimo e o acceso ás actividades do festival.

Existen diferentes modalidades de acceso con prezos populares e un 15% de desconto coa tarxeta Xove, pensionistas ou persoas en desemprego. O acceso ao evento para menores de 12 anos é gratis.

As tardes do venres 27 e do sábado 28 de xuño, o festival ofrecerá un paseo en barco pola ría con música en vivo, visita guiada á Illa da Memoria, concertos, obradoiros de danza e gastronomía grega.

O domingo 29, a Illa de San Simón acollerá unha xornada con máis de corenta concertos, obradoiros, catas de viños galegos e diversas actividades.

EMBARCADOIRO    HORA       PREZO
VENRES 27
Vigo 17:30 40€
Meirande 18:00 35€
SÁBADO 28
Vigo 17:30 40€
Meirande 18:00 35€
DOMINGO 29
Vigo 11:15 50€
Meirande 12:00 45€
Meirande 13:00 45E
Meirande 15:30 40€


Política de acesso

Menores de idade deberán ir acompañados por algunha persoa adulta.

O baño na Illa de San Simón non está permitido.

Só está permitido fumar nos peiraos e nas superficies empedradas da illa. 

Sobre todo Non apagues ou tires as cabichas ao chan baixo ningunha circunstancia. Se non levas cenicero portátil pide a organización información.Lembra que estás nun espazo protexido e, tanto para ti como para as persoas que están na illa será moito mellor que evites os fumes na medida do posible.


Non está permitida a entrada de animais á illa debido a que é un espazo natural protexido. Unicamente permitirase a entrada de cans guía.

Galeria

Nós e os nossos parceiros utilizamos cookies próprias e de terceiros, com a finalidade de te oferecer o serviço de maneira correcta, contar as visitas à nossa página e, em casos concretos, mostrar-te publicidade e permitir-te partilhar conteúdos em redes sociais. Podes obter mais informação sobre as cookies consultando a nossa Política de Cookies.